Comienza a leer

Iniciar sesión con Entreescritores

¿Has olvidado tu clave?

Crear una cuenta nueva

Libros publicados

Un principio errado, un mal comezo

Un principio errado, un mal comezo

17-03-2013

Suspense/thriller novela

  • Estrella vacía
  • Estrella vacía
  • Estrella vacía
  • Estrella vacía
  • Estrella vacía
0
  • Estrella llenaEstrella vaciaEstrella vaciaEstrella vaciaEstrella vacia  0
  • Estrella llenaEstrella llenaEstrella vaciaEstrella vaciaEstrella vacia  0
  • Estrella llenaEstrella llenaEstrella llenaEstrella vaciaEstrella vacia  0
  • Estrella llenaEstrella llenaEstrella llenaEstrella llenaEstrella vacia  0
  • Estrella llenaEstrella llenaEstrella llenaEstrella llenaEstrella llena  0

Primeira parte da novela por entregas "Operación pixama de corazóns - zapatillas violeta - bata de lunares".

 

ENTREVISTAS:

No tengo nada nuevo que contar, pero sí una manera distinta de contarlo, o al menos una identidad propia al hacerlo. Entrevistas EntreEscritores

Leer primer capítulo

 

Primer capítulo

 ¡Joder, joder, joder! – desesperaba Xuño.

-      Bueno, seguro que tampouco é para tanto – tratou de calmarnos Priscila.

-      Quen sabe, igual tes razón – dixo Úrsula.

-      Ou igual non – dixo Clara.

-      Xúrovos que non sei que me pasou – lamentei.

Elas miráronme con comprensión, aguantando as ganas de botarme unha boa bronca, pero con comprensión.

Non sei que me pasou, tiña ben claros os mandamentos. Persoalmente nunca os violara. Persoalmente nunca escoitara de ninguén que o fixera. A verdade é que ninguén nos explicou que pasaba se o facíamos... igual deberan.

Partín da idea de que era o mellor, unha excepción, pero o mellor.

O home contactara comigo polas canles correctas, o que me levou a supor que, cando menos, sabía todos os contrasinais que abrían todas as portas. Na guía non veño. A última vez que fixéramos a comprobación de seguridade, non había nin dúas semanas, o noso cebo tivera que facer quince contactos antes de chegar a nós, quince, nin dezaseis, nin catrorce ¡quince! Era case imposible, por non dicir imposible, que unha persoa non correcta chegase a min.

Eu respiraba tratando de tranquilizarme, de xustificarme, non sabíamos que ía pasar. Tampouco podía ser demasiado malo se o home viñera polo camiño correcto. Ademais viña cunha nena, cunha nena de cara triste que agarraba un oso peludo, que me miraba con aqueles ollos suplicantes, non puiden facer moito máis.

Non debín, seino, non debín; pero tampouco pensei que fose para tanto.

A nena dixo que quería moito a súa nai, o home que botaba de menos á muller.

Está ben, pilloume cas defensas baixas, erro meu.

-      ¿Que pasará agora? – preguntou Clara.

¿Quen podía prever o que ía pasar? Nós non. Nin Xuño nas súas máis pesimistas suposicións sería quen de achegarse ó que ía pasar.

Debín dicir que non. Pero o home viñera polas canles correctas e a nena tiña aqueles ollos tristes.

Só había que agardar. Todas víramos “De volta ó futuro”, coñecíamos as consecuencias, se todo fora coma nas películas, que igual non era.

A norma, o establecido, era mandar ó futuro a quen chegase onda nós, sempre ó futuro, ben lonxe para que non os atopasen, para darlles marxe, unha fuxida cara adiante. Era o establecido, o que sempre facíamos, o que sempre fixéramos.

A nena dicía que botaba de menos a súa nai e o home dicía que quería moito á súa muller.

Pilloume nun mal día.


Comentarios