Comienza a leer

Iniciar sesión con Entreescritores

¿Has olvidado tu clave?

Crear una cuenta nueva

Libros publicados

 

Primer capítulo

¿Por que me queres?

 

 

¡Ola! - entrando pola porta.

 

Ola - desde o cuarto da prancha - ¿seica había moita xente en María?

 

¿Tardei, non? - mentras deixa as bolsas enriba da mesa - cando entrei só tiña duas diante e esperei, pero unha case merca a tenda enteira e non me fixo xeito marchar - mirando no forno - ¿tiveches que poñer ti a carne? debín subir, total para comer só precisábamos o pan.

 

Ui - entrando na cociña - noto remorsos - con sorna.

 

Sempre tes que facer ti a comida ¿non si? - triste - por unhas ou por outras sempre che toca.

 

Si - sen compaixón.
Mentras agardaba - sentándose - entrou a do quinto e púxose a falar con outra que eu non coñezo, ti igual si.

 

Ah – sorrindo.

 

Non che sabería dicir como comenzou a conversa - baixo a hipnose da lembranza - nin tampouco sei o que me fixo prestarlle atención, xa sabes como son, estou alí de pé ó meu ata que me toca.

 

Claro - sorrindo, sen entender, case rindo.

 

A do quinto estaba enfadada - ó seu - non paraba de queixarse do home, de que vai falar, por eso me estraña que lle prestara atención, aínda non lembro un día que non puxera a parir ó home.

 

Pasa a man pola cara, sigue sorrindo e esperando.

 

Supoño que foi algo que dixo a outra - triste - algo sobre que non se aprecia o que se ten, que non se lle fai caso ó que se ten seguro, a do quinto dicía que o home nunca tiña un detalle con ela, nin flores, nin unha cea. A que estaba atendendo María decía que o seu sempre andaba con trapalladas desas - recapacita - bueno, ela non dixo eso das trapalladas.

 
Sorrí.

 

A outra tamén sae en defensa do seu e a do quinto queda soa - con agobio - por primeira vez déronme ganas de darlle a razón, pareceume que sofría de verdade. Pensei en ti, pensei en que ás veces non te coido, que non lle presto atención a eses detalles que ó mellor a ti che gustaría. Ti nunca dis nada e eu douno por ben feito. Cando subía as escaleiras pensei en que ó mellor ti tamén sofres por eso, ¿ti quéresme?
Pensaba que cho demostraba día a día, claro que te quero - sorrindo - vaia ataque que che dou.

 

Si, demóstrasmo cada día - triste - o que teño medo é de non cho demostrar eu a ti, ¿por que me queres? eu nunca che traio flores nin sequera no teu aniversario, e ás veces despístome cás datas, ti nunca.

 

Non, pero eu teño máis memoria cá ti.

 

Non é eso - en serio - diso deberíame lembrar, son cousas importantes.

 

Son días coma os demáis.

 

Son os días máis importantes da miña vida, non me pidas o divorcio, merquei unha axenda.

 

Sorrí.

 

En serio, mira - sacando a axenda da bolsa - non vou esquecer nada, prométocho ¿ti por que me queres?

 

Sorrí.

 

Eu non vivo sen ti ¿por que me queres?

 

Porque por moito que repase na miña memoria, na miña gran memoria,  non  son capaz de atopar unha soa vez, des que te coñecín, na que precisara o apoio, o cariño, o amor, a amizade ou a presencia dalguén e non estiveses ti alí, por eso te quero.


Comentarios

Te puede interesar